Composta polos municipios de Abadín,
Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba
y Xermade, A Terra Chá configurase como a comarca máis extensa de Galicia.
Situada na meseta lucense, os seus rebordes vense delimitados por relieves
montañosos que encerran no seu interior unha densa rede hidrográfica.
A Serra da Cova da Serpe e a Serra da Loba (700-800m), establecen os límites ca provincia de A Coruña, mentras que polo Norte, as "serras" da Carba, do Xistral e Toxiza, interpoñense ás Mariñas, o tempo que alcanzan as maiores altitudes comarcais (1.000m). No Este, pechan o arco ol Cordal de Neda e as estribacións da Serra de Meira, onde nace o río Miño, o que verten as súas augas todalas concas, a excepción de algunhas do municipio de Muras que o fan o Eume e o Sor.
Esta
profusión acuífera, así como a abundancia das precipitacións que caracterizan
a este clima oceánico, permiten o verdor do paisaxe, coberto predominantemente
por prados e pastos, entre os que intercalanse frondosas manchas boscosas
de bidueiros, alisos e sauces nas ribeiras e carballos e castiñeiros nas
zoas máis montañosas, ademáis dos pinos de repoblación. Un elevado número
de pequenas aldeas de pedra e pizarra salpican o relieve.
Lonxe da monotonía que nos poidera producir pola referencia do seu nome, de terra chá, a comarca de Terra Chá, de interesante patrimonio histórico e artístico, desplegase como cuna hidrográfica, guardada por uns rebordes montañosos, protectores de raza, cultura e tradicións.
En Begonte e en Castro de Rei encontraremos interesantes restos arqueológicos na toponimia, as leyendas e os restos de dólmenes, mámoas, medorras e ruinas castreñas, fragmentos de obras de inxeniería e restos romanos. De especial interese é o castro de Viladonga , en Castro de Rei, de gran valor didáctico, ademáis de contar cunha ubicación dende a que contemplar unha amplia perspectiva da Terra Chá, a Serra de Meira e o val do Miño.
A arquitectura relixiosa medieval está presente en todala comarca, aunque cabe resaltar como unha das súas construccións características a Igrexa de Santa María, en Abadín, templo románico do século XII, con capilla maior de estilo gótico isabelino do XVI (en un dos escudos da fachada aparecen as estrelas e a lúa que identifica á Casa de os Luaces). Numerosos cruceiros, señoriais casas e pazos, coma o de Sistallo, en Cospeito, que, escondido tras un alto muro moitos o consideran como un dos máis bonitos de Galicia, antiguos pontes de pedra atravesando os ríos constituen a herencia dun rico pasado histórico. O Parador dos Condes de Vilalba merece unha visita: é a mellor crónica en pedra do esplendor medieval.
·
Se quixermos gozar dun contacto e un diálogo máis directos con a natureza, de turismo verde e paseos pedestres, podemos dirixir os nosos pasos á lagoa de Fonmiñá , berce do río Miño, a lagoa de Cospeito, de destacado valor ecolóxico, ou o encoro de Pumar, en Castro de Rei, catalogadas como Espacios Naturais de Interese e a constituír paraísos para diversas especies. A área de Sete Muíños, en Guitiriz, ofrece unha idílica paraxe fluvial con piscina natural. Coa auga como protagonista, os numerosos cursos presentan unha oportunidade única para practicar diversos deportes acuáticos e de aventura, como baixadas polos seus rápidos ou a pesca.
Se o que quixermos é utilizarmos as propiedades sanadoras e relaxantes destas augas, podemos levalo a cabo directamente no balneario de Pardiñas ou "evocadoramente": o Hotel-Balneario de Guitiriz que, aínda que encerrado na actualidade, merece unha visita pola beleza das grandes avenidas arboradas do seu parque e o extenso e fermoso bosque que o circunda. A "Rapa das Bestas" na Pastoriza e a "Feira do Poldro e Gando Bravo" en Muras, son acontecementos que non se deben perder: perante a expectación dun numeroso público e nun ambiente excitante, os cabalos salvaxes son reagrupados, marcados e "rapados", efectívanse transaccións de compra e venda, degustación de carne e, na "Feira do Poldro e Gando Bravo", hai corrida de cabalos na tarde.
Unha artesanía rica e variada forma parte da vida da comarca e por isto mesmo, canteiros, oleiros, zoqueiros ou tecedeiras, tórnanse artistas de tradicións que sobreviven de pais para fillos.
As numerosas feiras, festas e romarías festexadas en todos os cantos da comarca, son unha ocasión magnífica para saborear a gastronomía da comarca. O famoso queixo de San Simón, de forma cónica, afumado con cascas de bidueiro, consegue un sabor diferente a todos os queixos algunha vez probados; o capón de Vilalba, criado con esmero para fornecer as mesas de Natal e que posúe "Feira" propia uns días antes de Noite de Natal, en que alcanza elevados prezos, son o preámbulo de filloas e tortas de millo e améndoa que deixarán unha grata recordación da nosa visita.